2 jun 2010

JAVI GARCIA TODO UN CAMPIÓN


Javi García é outro ex madridista que esta tempada está a alcanzar a gloria lonxe do Santiago Bernabéu. A súa tempada no Benfica está a resultar redonda. Converteuse nun dos puntais do equipo no que tamén militan Saviola ou Aimar, vellos coñecidos da afección española. Xa conquistara a Copa da Liga portuguesa, e o pasado domingo proclamouse flamante campión da Liga Sagres. Non xogou por sanción, pero os cronistas portugueses sinálano como un dos xogadores crave para rematar coa hexemonía do Porto, campión dos últimos anos.Fóra do campo, as cousas tamén lle van estupendamente a Javi, un centrocampista de contrastada calidade. O seu romance coa modelo española Elena Gomez marcha vento en popa e se el xa é toda unha estrela en Portugal, ela vai camiño de logralo.E é que esta sevillana de 26 anos, que pechou unha zapataría na súa cidade natal para seguir a Javi ata Lisboa, decidiu lanzarse definitivamente á carreira da moda. En decembro posou sensualmente na edición portuguesa da revista FHM e gustoulle tanto a experiencia que agora se puxo en mans da Axencia Norte para que a represente e o busque traballos. Ten o apoio incondicional de Javi, co que sae dende hai máis dun ano, e unha beleza que lle garante o éxito e a conquista incondicional de Portugal.

0 comentarios: