18 jun 2010

D10S vs O REI


Edson Arantes do Nascimento, 'Pele' e Diego Armando Maradona, 'O Peluxe' son dous auténticos xenios do fútbol. Dous dos mellores de toda a historia. Pero, á vez, teñen o seu propio ego e nos últimos tempos non se soportan, salvo que haxa moito diñeiro por medio. O seu afastamento arranca do feito de que a FIFA efectuase un concurso para establecer o mellor xogador da historia. En teoría eran os afeccionados de todo o mundo que outorgaban o seu voto, pero logo un 'comité de expertos' encargouse de darlle o toque final á votación. A FIFA elixiu a Pelé e alí empezaron os rozamentos.

O caso é que nesta Copa do Mundo non pasa un día en que un non lle arree o outro. Empezou acusando Diego a 'O rei' de non defender a organización da Copa do Mundo en Sudáfrica, de dicir que non estaban preparados tras o atentado contra Togo na Copa de África que se disputou en Angola.

Onte contestoulle Pelé dicindo que Maradona é o gran problema de Arxentina. Que o puxeron aí porque estaba arruinado e necesitaba diñeiro.
Como xoguen Brasil contra Arxentina nesta Copa do Mundo vaise aliar unha boa.

0 comentarios: