4 may 2010

Un "Cuntiense" no Mundial.

A entrada de hoxe vai adicada a Ricardo Cabanas, un mediocentro que xoga no Grasshoppers, equipo da Liga suíza de fútbol.
Pois ben, falo deste magnífico xogador porque é o sobriño dun veciño de Loureiro, a aldea onde vivo. Ricardo Cabanas, aínda que viviu tida a vida en Suíza, non se esquece da terra dos seus pais, e sabe falar o galego perfectamente. Ademáis, xogou coa selección galega en 3 ocaasións, chegando incluso a exercer de capitán.
Foi internacional 47 veces coa selección de Suíza, marcando catro goles. Entre os seus maiores éxitos co combinado nacional destaca a participación no Mundial de Alemaña de 2006, onde chegou a ser elixido o mellor da xornado do 26 de marzo pola prestixiosa revista L´Équipe. Suiza chgou ata oitavos de final. Outro éxito foi a participación na Eurocopa de Austria e Suiza de 2008, na que non puideron pasar da fase de grupos.
Debutou como futbolista profesional en 1997 no Grasshoppers, onde estivo ata 20003, data na que fichou polo EA Guinganp de Francia. Un ano despois voleveu ao Grasshoppers, onde permaneceu ata o 2006. Durante a temporada 2006-2007 estivo no Colonia de Alemaña. Ao ano seguinte retornou de novo ao Grasshoppers, onde todavía xoga, sendo nun auténtico ídolo da afección.



0 comentarios: