O ascenso do St Pauli á Bundesliga trae de novo ao máximo nivel ao club máis peculiar do mundo: antifascista nos seus estatutos, ten 11 millóns de seguidores en Alemaña, o seu presidente é abertamente gai e, agora, preséntase na Bundesliga cunha tenda erótica como patrocinador.
Non hai un club que esperte máis paixóns dentro e fóra de Alemaña. O St Pauli, o club do barrio portuario de Sankt Pauli en Hamburgo, converteuse nunha icona nos 80 ao ser o primeiro club do mundo que se facía antifascista, antisexista e antirracista incluíndo cláusulas nos seus estatutos. A bandeira pirata é o seu logo oficioso, e representa a oposición ao capitalismo. É unha icona mundial da esquerda no fútbol. Ademais, é o club con maior número de socias. O seu poder é grande: a súa presión fixo que o club retirase os anuncios dunha revista masculina do estadio, ao considerar que denigraba ás mulleres.
A súa esencia é absolutamente rompedora no fútbol mundial. "É o equipo da clase traballadora", declaraba Butje Rosenfeld, ex xogador do club e agora xornalista nunha reportaxe. Ademais, o club é seguido masivamente por grupos musicais alternativos de todo o mundo, desde Bad Religion a Asian Dub Foundation ou Turbonegro, que lle dedicou unha canción.
A súa incrible lexión de hinchas (estímase que, só en Alemaña, ten 11 millóns de simpatizantes, e colecciona máis de 500 clubs de fans en todo o mundo; cando xogaba en Terceira o seu estadio promediaba 15.000 espectadores cando a media da división era de 200) atraeu a multitude de patrocinadores. A marcas de coches Dacia sacou unha edición especial St Pauli do seu modelo Duster e Nike fabricou dúas edicións especiais das súas Dunk.
Con todo, ata nos patrocinadores decidiu ser innovador. Sankt Pauli é o 'barrio vermello' de Hamburgo, e por iso ningún club mellor para ser patrocinado por Orion, unha empresa de artigos eróticos en Internet. Para celebrar o ascenso, elaborou 20.000 condóns co escudo do club.
11 may 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Etiquetas
- Abalo (1)
- Alemaña (2)
- Atlético (1)
- Barça (3)
- Beckam (1)
- Cabanas (2)
- Celta (1)
- Champions (1)
- cotilleos (2)
- Cuntis (1)
- Curiosidades (9)
- Dempsey (1)
- Depor (1)
- Galiza (3)
- Güiza (1)
- guti (1)
- Inter (1)
- Liga (1)
- Lisandro (1)
- Lobelle (1)
- Maza Rodríguez (1)
- Michu (1)
- Milan (1)
- Morinho (1)
- Mundial (12)
- Özil (1)
- Piqué (1)
- Pontevedra. (2)
- Real Madrid (3)
- Robben (1)
- Valdés (1)
- Zizou (1)
Etiquetas
Tags:
Páxinas
Seguidores
Etiquetas
- Abalo (1)
- Alemaña (2)
- Atlético (1)
- Barça (3)
- Beckam (1)
- Cabanas (2)
- Celta (1)
- Champions (1)
- cotilleos (2)
- Cuntis (1)
- Curiosidades (9)
- Dempsey (1)
- Depor (1)
- Galiza (3)
- Güiza (1)
- guti (1)
- Inter (1)
- Liga (1)
- Lisandro (1)
- Lobelle (1)
- Maza Rodríguez (1)
- Michu (1)
- Milan (1)
- Morinho (1)
- Mundial (12)
- Özil (1)
- Piqué (1)
- Pontevedra. (2)
- Real Madrid (3)
- Robben (1)
- Valdés (1)
- Zizou (1)
0 comentarios:
Publicar un comentario