31 may 2010

Aos pes de Zizou.

Nun ateigado Berbaneu disputouse onte o Corazón Classic Match que enfrontou ao Real Madrid e ao Milan. Os equipos edstaban formado spor lendas vivas de ambos equipos: Figo, Zidane, Butragueño, Santillana, Malidini, Cafú, Baresi, Rui Costa...
Pero sen dúbida destacou Zidane, que foi ovacionado por todo o Bernabeu, pois dou mostras da sua inesgotable clase durante todo o encontro. UN auténtico xenio.

CASSANO: O MUNDIAL NON CAMBIARA A SÚA VODA












Dificilmente Lippi convocáselle para o Mundial, pese ao clamor popular tras a súa boa tempada, pero... é que el tampouco está disposto a acudir a Sudáfrica porque iso significaría cambiar a data da súa voda (19 de xuño) con Carolina Marcialis, unha moza waterpolista de que se namorou perdidamente.

Novas equipacións!

Nestas datas de fichaxes, partidos de seleccións, fases de ascensos e rumores, moitos rumores, sempre hai un oco para presentar as equipacións dos equipos para a próxima tempada. Aquí vos deixo a do Atlético de Madrid, a do Barcelona e a do Real Madrid.

24 may 2010

OS COLE SEPARANSE!!!!

A pesar da traizón de Ashley con varias mulleres, Cheryl non quere prexudicar a súa presenza na Copa do Mundo e non vai buscar un divorcio ata o final. Para o momento, anunciou que vai quedar coa casa e dous cans. Para que o diñeiro non é porque el é o cuarto na lista dos máis ricos cantantes con idade inferior a 30.

O Pontevedra máis cerca de 2ª División!

O Pontevedra impúxose por 1-2 ao Oviedo nun partido trepidante e no que os pontevedreses xogaron con 9 xogadores boa parte do encontro. Dous goles de Igor de Souza déronlle a xusta victoria aos de Pasarón. A próxima pedra no camiño do Pontevedra será o Alcorcón (verdugo do Real Madrid na Copa do Rei). Sen dúbida unha dura eliminatoria, pero non é nada que o Ponte non poida sacar para adiante.
FORZA PONTE!



11 may 2010

Punk, anarquismo e condóns para a Bundesliga.

O ascenso do St Pauli á Bundesliga trae de novo ao máximo nivel ao club máis peculiar do mundo: antifascista nos seus estatutos, ten 11 millóns de seguidores en Alemaña, o seu presidente é abertamente gai e, agora, preséntase na Bundesliga cunha tenda erótica como patrocinador.
Non hai un club que esperte máis paixóns dentro e fóra de Alemaña. O St Pauli, o club do barrio portuario de Sankt Pauli en Hamburgo, converteuse nunha icona nos 80 ao ser o primeiro club do mundo que se facía antifascista, antisexista e antirracista incluíndo cláusulas nos seus estatutos. A bandeira pirata é o seu logo oficioso, e representa a oposición ao capitalismo. É unha icona mundial da esquerda no fútbol. Ademais, é o club con maior número de socias. O seu poder é grande: a súa presión fixo que o club retirase os anuncios dunha revista masculina do estadio, ao considerar que denigraba ás mulleres.

A súa esencia é absolutamente rompedora no fútbol mundial. "É o equipo da clase traballadora", declaraba Butje Rosenfeld, ex xogador do club e agora xornalista nunha reportaxe. Ademais, o club é seguido masivamente por grupos musicais alternativos de todo o mundo, desde Bad Religion a Asian Dub Foundation ou Turbonegro, que lle dedicou unha canción.
A súa incrible lexión de hinchas (estímase que, só en Alemaña, ten 11 millóns de simpatizantes, e colecciona máis de 500 clubs de fans en todo o mundo; cando xogaba en Terceira o seu estadio promediaba 15.000 espectadores cando a media da división era de 200) atraeu a multitude de patrocinadores. A marcas de coches Dacia sacou unha edición especial St Pauli do seu modelo Duster e Nike fabricou dúas edicións especiais das súas Dunk.
Con todo, ata nos patrocinadores decidiu ser innovador. Sankt Pauli é o 'barrio vermello' de Hamburgo, e por iso ningún club mellor para ser patrocinado por Orion, unha empresa de artigos eróticos en Internet. Para celebrar o ascenso, elaborou 20.000 condóns co escudo do club.

Guti coa súa nova noiva!!!!!


O madridista Guti non para e dá máis que falar na prensa rosa que no campo. Dende que se separara, hai un ano, da súa esposa, Arancha de Benito, atribuíronselle numerosos romances. O último, contouno e fotografou esta semana a revista Qué me dices!, que o 'cazou' cunha pelirroja á que abrazou e bicou con paixón nun restaurante madrileño. En que acabaría...

6 may 2010

O show de Beckam.


David Beckam é toda unha celebridade en Estados Unidos, e proba diso é que foi invitado ao mítico programa de David Letterman na cadea CBS.
O momento estrela do actual xogador de Los Angeles Galaxy, cedido ao Milan no momento de sufrir un importante desgarro no tendón de Aquiles, foi cando o periodista mostrou unha imaxe da operación á la que se someteu ‘Becks’ o 15 de marzo na Clínica Mehiläinen de Turku (Finlandia).

Entre as confesións do ex do Madrid no ‘Late Show’ destacan as de “puiden oír o ‘pop’ no momento da rotura” e “durante a operación podía sentir o tendón sobre a miña pantorrilla”.

5 may 2010

Terá Guti o corazón ocupado¿?


Rumorease que dito xogador do equipo madrileño pode estar salindo cunha rapaza, de momento non hai instantáneas que o demostren claramente, pero achegados do xogador din que non.

4 may 2010

Un "Cuntiense" no Mundial.

A entrada de hoxe vai adicada a Ricardo Cabanas, un mediocentro que xoga no Grasshoppers, equipo da Liga suíza de fútbol.
Pois ben, falo deste magnífico xogador porque é o sobriño dun veciño de Loureiro, a aldea onde vivo. Ricardo Cabanas, aínda que viviu tida a vida en Suíza, non se esquece da terra dos seus pais, e sabe falar o galego perfectamente. Ademáis, xogou coa selección galega en 3 ocaasións, chegando incluso a exercer de capitán.
Foi internacional 47 veces coa selección de Suíza, marcando catro goles. Entre os seus maiores éxitos co combinado nacional destaca a participación no Mundial de Alemaña de 2006, onde chegou a ser elixido o mellor da xornado do 26 de marzo pola prestixiosa revista L´Équipe. Suiza chgou ata oitavos de final. Outro éxito foi a participación na Eurocopa de Austria e Suiza de 2008, na que non puideron pasar da fase de grupos.
Debutou como futbolista profesional en 1997 no Grasshoppers, onde estivo ata 20003, data na que fichou polo EA Guinganp de Francia. Un ano despois voleveu ao Grasshoppers, onde permaneceu ata o 2006. Durante a temporada 2006-2007 estivo no Colonia de Alemaña. Ao ano seguinte retornou de novo ao Grasshoppers, onde todavía xoga, sendo nun auténtico ídolo da afección.



3 may 2010

Repaso da Xornada ligueira.

Como en calquera sitio vos poderedes informar de todo o que lle ocorre ao Madrid e o Barça, vou facer un repaso dos equipos galegos.
O Deportivo segue coa súa nefasta racha e volveu a perder, esta vez por un rácano 0-1 ante un necesitado Zaragoza.
Pola súa parte o Celta consegiu un sufrido triunfo (non podía ser de outra maneira) ante o Cádiz por 2-1, con goles de D. Abalo e Michu. Con esta victoria, parece que s de eusebio se alonxan definitivamente dos postos de descenso.
O Pontevedra gañou 2-0 ao lemona e colócase 5, a dous puntos de colocarse 4, posición coa que se clasificarñia para xogar a fase de ascenso a 2ª División. Destacar que o Pontevedra acba de fichar a Carlos Padín, que xa estivera no club pontevedrés varias tempadas.
Cambiamos de deporte: fútbol sala. O lobelle marcha 4º na Liga Marca, a un punto do terceiro clasificado, o Caja Segovia.