18 jun 2010

D10S vs O REI


Edson Arantes do Nascimento, 'Pele' e Diego Armando Maradona, 'O Peluxe' son dous auténticos xenios do fútbol. Dous dos mellores de toda a historia. Pero, á vez, teñen o seu propio ego e nos últimos tempos non se soportan, salvo que haxa moito diñeiro por medio. O seu afastamento arranca do feito de que a FIFA efectuase un concurso para establecer o mellor xogador da historia. En teoría eran os afeccionados de todo o mundo que outorgaban o seu voto, pero logo un 'comité de expertos' encargouse de darlle o toque final á votación. A FIFA elixiu a Pelé e alí empezaron os rozamentos.

O caso é que nesta Copa do Mundo non pasa un día en que un non lle arree o outro. Empezou acusando Diego a 'O rei' de non defender a organización da Copa do Mundo en Sudáfrica, de dicir que non estaban preparados tras o atentado contra Togo na Copa de África que se disputou en Angola.

Onte contestoulle Pelé dicindo que Maradona é o gran problema de Arxentina. Que o puxeron aí porque estaba arruinado e necesitaba diñeiro.
Como xoguen Brasil contra Arxentina nesta Copa do Mundo vaise aliar unha boa.

O Maza, descubrimento do Mundial.


Francisco javier Rodríguez, "Maza", está sendo un dos descubrinentos do Mundial. Este central mexicano de 1.91 de altura e xogador do PSV está asombrando a moitos olleadores pola súa fantástica colocación, rapidez e sobre todo, a súa calidade individual, pois ten unha salida de balón magnífica. Ademáis, ten 28 anos, a idade na que explotan a maioría dos futbolistas. Seguro que non tarda moito en chegar a u equipo español ou inglés...

A musa do Chelsea


Polo menos os membros do seu equipo, que estaban ansiosos para invitar as celebracións do dobre alcanzar nesta tempada polo equipo de Carlo Ancelotti, que tamén foi campión dos escándalos. Desde Terry, acusado de durmindo coa moza seu mellor amigo Wayne Bridge, Lampard, que deixou a nai dos seus fillos por un presentador de televisión ben coñecida, a través de Ashley Cole, separado da súa dona, a cantante Cheryl Cole, pola súa infidelidade constante e pública, as augas baixaron moi turba por Stamford Bridge este ano. Polo tanto, o Blues decidiu celebrar en gran estilo o éxito e saíu correndo en Whisky Mist, unha das discotecas máis famosas de Londres. A Chantelle uniuse a partido, ninguén sabe quen invitou, nin que deixou -, que foi a moza do Tottenham, Jermaine Defoe. Eles estaban no cuarto, sostendo o seu terceiro na Premier League, algúns xogadores do Arsenal, Adebayor, Nasri e Fàbregas, asinando próxima de Barcelona. En calquera caso, a 'irmá' e focado todos os ollos se cruzan e as apostas sobre quen será o seu novo mozo futbolista.

A culpable é Sara...


Un dos periódicos máis prestisioxos de Inglaterra e do mundo, o The Times, publicou con este titular "A noiva do porteiro pon en marcha a Inquisición española" que a culpa da derrota de España contra Suíza foi se Sara carbonero, que ten distraído a Iker Casillas. Tamén usaron este titular: "A culpa da derrota? Mirade a noiva". Sen comentarios...

16 jun 2010

Un mundial moi musical...

No escasa semana que levamos de Mundial, xa houbo varias "cantadas" que poñen en enriba da mesa o debate sobre se o balón oficial oficial do mundial, o Jabulani, é demasiado lixeiro.
Green (Inglaterra) e Chaouchi (Arxelia) seguro que pensan que o balón non é demasiado bo...